SOCIEDAD

Afección común
Jesús Flecha como Presidente; Sergio Hernández como Vicepresidente; Pablo de Andrés como Secretario; Francisco Javier Gonzalez como Tesoureiro e Elisabet dos Santos e Carlos Vázquez como Vocais, son os membros da directiva da Unión de Canaricultores de Valdeorras que nacía a comenzo de ano e da que xa forman parte 30 socios.. Aquí hai moita afección aos canarios pero uns estábamos nunha agrupación, outros noutra e así era difícil facer nada polo que decidimos xuntarnos todos e formar unha agrupación en Valdeorras " Hai xente de León, de Ponferrada, de Monforte e incluso de Madrid, pero sobre todo somos xente de Valdeorras" explica Francisco Javier. Precisamente a idea de crear a Unión nacía a finais de decembro de 2010. " Aquí hai moita afección aos canarios pero uns estábamos nunha agrupación, outros noutra e así era difícil facer nada polo que decidimos xuntarnos todos e formar unha agrupación en Valdeorras" di Javier, unha agrupación que funciona dende xaneiro deste ano e que dende hai pouco maís dun mes, forma parte da FON ( Federación Ornitolóxica do Norte) que a súa vez pertenece a COE ( Confederación Ornitolóxica Española) unha situación que lles permite poder participar en calquera concurso e exposición de España e incluso do estranxeiro. " Estamos federados e iso danos moitas posibilidades".
Para informar aos socios desa nova situación, a comenzo de abril celebraban no Barco unha asamblea na que tamén se informou das empresas que colaborarán co colectivo (Alán de Val, Servicios Veterinarios del Sil,  Atalaya Web Ideas de Diseño, Fernando III, Cayni e Agricentro Terán entre outros. Agora, dende a Unión traballarán para que a xente coñeza o mundo da canaricultura e "sepan que aquí hai algo" puntualiza Javier, engadindo que teñen en mente facer unha exposición no Barco de Valdeorras para finais de ano, así como outros proxectos que esperan poder levar a cabo e dos que irán informando.
Membros da directiva da Unión de Canaricultores de Valdeorras na asemblea celebrada no Barco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario